Instagram TikTok Spotify

Mitos

Torre de Hércules

Primeira imaxe da Torre de Hércules Segunda imaxe da Torre de Hércules Terceira imaxe da Torre de Hércules

Ficha rápida

  • Nome: Torre de Hércules
  • Lugar: A Coruña
  • Construción: Século I d.C.
  • Que é? O único faro romano do mundo que segue en funcionamento.
  • Lenda máis coñecida: Hércules derrotou a Xerión e levantou a torre sobre a súa tumba.

O mito en si

Antes, cando viña pasar uns días á Coruña, case sempre acababa indo á Torre de Hércules. Agora vivo aquí e vou poquísimo. É o típico: cando tes algo preto pensas que xa irás calquera outro día e logo nunca vas.

Buscando información para esta entrada descubrín que é o único faro romano do mundo que segue en funcionamento. Construíuse arredor do século I d.C., cando os romanos fixeron de Brigantium, o que actualmente coñecemos como A Coruña, un dos puntos máis importantes para o comercio marítimo. Navegar por esta costa xa mete medo hoxe así que imaxinade como debía ser naquela época. Entre a néboa, os temporais e os cantís facían naufragar moitos barcos, así que decidiron levantar un faro no lugar. E a verdade é que cumpriu ben o seu traballo, porque case dous mil anos despois segue iluminando o mar. Paréceme unha pasada pensar niso.

Co paso dos séculos tamén foron nacendo arredor dela moitas historias. A máis coñecida é a de Hércules e Xerión. Conta a tradición que Hércules derrotou ao xigante, enterrou a súa cabeza neste lugar e mandou construír unha gran torre para lembrar a súa vitoria. Arredor dela acabaría nacendo a cidade da Coruña.

A próxima vez que vaia prometo subir ata arriba. Sempre digo que o farei a próxima vez, así que queda escrito aquí para que non poida volver a poñelo escusa.

Bibliografía

Galicia, V., & Galicia, V. (2026, 2 julio). Torre de Hércules: Historia y leyendas del icono de A Coruña. Visitar Galicia.
https://visitargalicia.es/blog/torre-hercules-historia-leyendas/

Comentarios (0)