Instagram TikTok Spotify

Lendas

A lenda do espello

Primeira imaxe da lenda do espello Segunda imaxe da lenda do espello Terceira imaxe da lenda do espello

Ficha rápida da lenda

  • Nome: A lenda do espello
  • Lugar: Torre de Hércules (A Coruña)
  • Protagonistas: Hércules e o rei Hispán
  • Que conta? A historia dun espello máxico que protexía a costa galega.

A lenda en si

Creo que todos coñecemos a lenda da Torre de Hércules, pero eu non sabía que arredor dela había moitas outras. Buscando información atopei a de Trezenzonio e tamén a do Espello. Desta última é da que vos vou falar hoxe.

Conta a lenda que, despois de vencer a Xerión, Hércules levantou unha torre e que, tempo despois, o rei Hispán colocou na súa parte máis alta un espello enorme. Non era para mirarse, evidentemente. Grazas a el podían vixiar todo o mar e descubrir con antelación a chegada de calquera barco.

O espello funcionou ata que apareceu un grupo de xudeus que fuxía de Nabucodonosor. Para achegarse á costa sen que os descubrisen, agocharon os barcos baixo ramas e follas. Non sei moi ben como conseguiron esconder barcos enteiros dese xeito, pero o plan saíuulles ben: chegaron ata a torre e romperon o espello.

A lenda di que nos días claros o espello permitía ver ata as costas de Irlanda. Seguramente non sería así, pero gústame imaxinalo. A verdade é que subir á Torre e atopar un espello xigante desde o que se vise outro país sería unha pasada.

Bibliografía

De la mitología a las leyendas. (s. f.). Torre de Hércules.
https://www.torredeherculesacoruna.com/torre/es/descubrela/de-la-mitologia-a-las-leyendas?argIdioma=es

Comentarios (0)