Instagram TikTok Spotify

Conceptos

O enganido

Primeira imaxe sobre o enganido Segunda imaxe sobre o enganido Terceira imaxe sobre o enganido

Ficha rápida do concepto

  • Nome: O enganido
  • Tipo: Doenza da medicina popular galega
  • Síntomas: Debilidade, delgadez e falta de apetito.
  • Remedio: Rituais de curación e ensalmos.

O concepto en si

Enganido. Non escoitara esa palabra na miña vida. Tiven que lela varias veces e buscar que significaba porque non era capaz nin de imaxinalo. A vós sóavos?

Resulta que era o nome que recibía unha doenza que afectaba sobre todo os nenos. Segundo a crenza popular, deixaban de comer, non medraban, perdían as forzas e cada vez estaban máis delgados. Hoxe moitos deses casos poderían relacionarse co raquitismo ou con outros problemas de saúde, pero naquela época non sabían que estaba pasando.

O que facían para curalo cambia dependendo do lugar. Algunhas familias levaban os nenos a fontes que consideraban milagreiras. Outras pasábanos por debaixo dunha pedra, polo oco dunha árbore ou incluso por unha ponte mentres recitaban oracións. Había rituais que tiñan que facerse á medianoite e outros que se repetían durante nove días. O nove aparecía constantemente e aínda non teño moi claro por que.

Lendo todo isto pensei que, se un neno da túa familia estaba enfermo e ninguén sabía como axudalo, probablemente probarías calquera cousa. Se alguén che dicía que había que ir a unha fonte, ías. Se tiñas que cruzar unha ponte á medianoite ou repetir unha oración nove veces, tamén.

Visto agora pode parecer bastante raro, pero eles estaban facendo o único que se lles ocorría. Eu seguramente tamén acabaría probándoo. Por se funcionaba.

Bibliografía

García Fernández, I., & García Porral, X. C. (2022). Tradicións e ritualidade arredor do enganido (anganido, asombramento, tangaraño) nas comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes. A Estrada: Miscelánea Histórica e Cultural, 25.
https://www.miscelanea.aestrada.gal/images/10GARCIAFDEZGARCIAPORRAL.pdf

Comentarios (0)